A casa

As orixes
Segundo as vellas crónicas Ca S'Hereu deulle orixe á aldea de Son Servera.

Jaume Cervera, que acompañou a Xaime I na conquista de Mallorca, mandou levantar a Torre no século XIII. A escaleira de caracol é mostra da súa arquitectura histórica. As casas e locais de traballo son construcións que se prolongaron ata o século XIX, e cada nova ampliación deixaba testemuño gravado nos dinteis dos portais.

Foi coidadosamente rehabilitada con absoluto respecto pola historia e recuperando todos os elementos arquitectónicos orixinais: os grandes arcos, a vella almazara de aceite e a queixería. A súa cociña ten carácter e autenticidade. A súa fachada elegante esta arrodeada de oliveiras, o que crea un lugar delicioso e tranquilo.

Ca S'Hereu funcionou como unha casa agrícola ata a década dos setenta do século XX. A súa actividade foi a gandería de ovellas, porcos e eguas de cría, pero tamén o cultivo de alfarrobas, améndoas, olivas e a súa transformación en aceite na almazara. En Ca S'Hereu, nesa época, chegaron a traballar e comer máis de 100 persoas. Na actualidade, esta casa pertence aos descendentes da familia Servera e dedícase ao turismo rural.

Descúbrenos
"Ses Cases de Ca S'Hereu" forman parte da aldea de Son Servera, no levante mallorquín.

Na actualidade está catalogada como Patrimonio Histórico.

Nada máis cruzar o portal accédese a unha gran estancia. Non hai un único arco central senón dous e unha escaleira que leva ás estancias superiores. Á esquerda da entrada atopamos un pequeno portal redondo que marca o acceso á torre. Sen abandonar o baixo esta a cociña, sen dúbida unha das pezas máis singulares da casa, que transmite carácter e autenticidade, e onde destaca unha gran cheminea rústica.

Na actualidade, Ca S'Hereu ten 7 habitacións dobres con baño completo (dúas delas con camas de matrimonio), todas repartidas entre a vella torre e os dous andares, o superior e o baixo. A casa alberga amplos espazos interiores e dous salóns con cheminea, e xunto á escaleira que conduce ao máis alto da torre, sobrevive a antiga capela da mansión. A decoración, así como a ambientación e o mobiliario, son fieis ás tradicións e costumes de Mallorca. Dispón duns amplos espazos exteriores axardinados, un sitio ideal para descansar e relaxarse e onde os nenos poderán correr e xogar.

En poucas palabras, permítese recuperar a esencia do pasado sen renunciar ás comodidades do presente. Desde ela podemos gozar dunha fermosa panorámica das montañas e do mar.

Para os que opten por unha habitación con almorzo, poderán tomalo na ampla e acolledora cociña. Gozarán dos produtos mais típicos da gastronomía mallorquina: ensaimadas, sobrasada, "pa amb oli i tomátiga", camaiot, queixos, etc. xunto con produtos frescos e naturais da época.


© Devaio, 2006 Ca S'Hereu - Elisa Servera, 1 - SON SERVERA - Mallorca - España - Tel. 0034 670 676 999